lunes, 7 de febrero de 2022

Entroido / Carnaval "El Carnaval de los Animales" (Camille Saint-Saens)

 

Dende música non perdemos a ocasión para traballar o entroido, á vez que relacionamos este momento do ano co proxecto anual de centro " El auga / A auga".

Camille Saint-Saens compuxo « El Carnaval de los animales» en 1886, ainda que durante moito tempo non o interpretou nos seus concertos e prohibeu que se fixera, tan sólo permitía a execución do «Cisne».

A través de este enlace podedes ver todo o que desexedes saber sobre esta estupenda obra que tanto nos encanta.



A través de este vídeo podedes acceder a escoita e visualización da orquesta e conto. 

                                        


Nos dende a aula este ano centrámonos no acuario, que traballamos a través dunha audición e disciminación auditiva sen apoio visual ao tempo que camiñábamos libremente polo espacio. Acto seguido engadiamos xestos e interiorizabamos a melodía con apoio do seguinte musicograma: 



E logo para os máis maiores, que sempre queren ir máis alá, guiámonos por este outro, no que xa introducen algunha grafía convencional:


Coas nosas tarxetas " dos meus primeiros ritmos" foron quen de plasmar na tarxeta o ritmo das primeiras ideas musicais que logo se repiten. Os máis pequenos interesábanse polo que facian os seus compañeiros, e decian algo así como que un era curto e outro longo, non van nada desencamiñados.

Seguimos traballando !

Dende a aula viñemos traballando os restantes animais; o seguinte foi a Marcha do León que coa axuda do musicograma que cada nen@ elaborou o pasado curso nos serviu de gran axuda.
  
E por medio desde conto musicado, 



fumos escoitando pequenos fragmentos das melodías de cada animal para logo facer un xogo de discrimación auditiva por medio da ficha interactiva que adxunto.



Tanto lles gustou que se atreveron con máis.....



Nesta última encantáronlle as ilustracións e aventurámonos a facela; por si se animan as familias a facela cos pequenos e pequenas...



No hay comentarios:

Publicar un comentario