Este blog,nun primeiro momento foi creado como complemento para a materia de MÚSICA co fin de reforzar o traballo da aula na casa, sen necesidade de conter as ganas de cantar, tocar, bailar...ata a vindeira clase.
Debido a boa acollida e interese que cada un de vos lle deu a esta ferramenta tan útil, decidín empregalo para complentar todas as materias con xogos, canción, actividades interactivas e un sin fin de recursos.
A DISFRUTAR DEL !
Dende música non perdemos a ocasión para traballar o entroido, á vez que relacionamos este momento do ano co proxecto anual de centro " El auga / A auga".
Camille Saint-Saens compuxo « El Carnaval de los animales» en 1886, ainda que durante moito tempo non o interpretou nos seus concertos e prohibeu que se fixera, tan sólo permitía a execución do «Cisne».
A través de este enlace podedes ver todo o que desexedes saber sobre esta estupenda obra que tanto nos encanta.
A través de este vídeo podedes acceder a escoita e visualización da orquesta e conto.
Nos dende a aula este ano centrámonos no acuario, que traballamos a través dunha audición e disciminación auditiva sen apoio visual ao tempo que camiñábamos libremente polo espacio. Acto seguido engadiamos xestos e interiorizabamos a melodía con apoio do seguinte musicograma:
E logo para os máis maiores, que sempre queren ir máis alá, guiámonos por este outro, no que xa introducen algunha grafía convencional:
Coas nosas tarxetas " dos meus primeiros ritmos" foron quen de plasmar na tarxeta o ritmo das primeiras ideas musicais que logo se repiten. Os máis pequenos interesábanse polo que facian os seus compañeiros, e decian algo así como que un era curto e outro longo, non van nada desencamiñados.
Seguimos traballando !
Dende a aula viñemos traballando os restantes animais; o seguinte foi a Marcha do León que coa axuda do musicograma que cada nen@ elaborou o pasado curso nos serviu de gran axuda.
E por medio desde conto musicado,
fumos escoitando pequenos fragmentos das melodías de cada animal para logo facer un xogo de discrimación auditiva por medio da ficha interactiva que adxunto.