martes, 26 de septiembre de 2017

Folk Song



Iniciamos o novo curso con unha nova canción de flauta, na que repasaremos as notas si, la e sol

que xa tocachedes en terceiro.

Na seguinte imaxe podedes lembrar a dixitación de cada nota e si premes encima dela recordar o son.


A continuación, fai clic enriba da imaxe e enlazarás co acompañamento e a partitura interactiva.

E para os que superáchedes con creces esta toma de contacto coa frauta. Tedes un novo reto.





Ritmos musicais


Os nenos/as de 3º, repasamos os ritmos. Para iso propoño as seguinte actividade, lembrade seguir as seguintes pautas:

1º) Preme na imaxe e chegarás a actividade.

2º) Escoita dúas veces cada esquema rítmico.

3º) Escolle as figuras rítmicas que consideres e arrastras o lugar indicado.

  Debes superar cada proba ata chegar o final. 





miércoles, 20 de septiembre de 2017

FUTURAMA ( Si, la, sol, do´ )

Futurama 

Temos nova canción e nota de repaso que xa tocabades o ano pasado, Do agudo ( Do´).
Pinchade encima da imaxe para lembrar as posicións.


Facer clic na imaxe e xa podedes ver a partitura dixital e o seu respectivo acompañamento.


        A disfrutar da música ! 

Xogo de mans


Con esta actividade experimentaremos a sensación que nos produce acompañar unha canción tan coñecida con percusións.

 Que importante é facer cada percusión no seu tempo!

Pinchade na imaxe e enlazaredes co vídeo e coa música. Lembra os pasos que vimos na aula e a estrutura.

          " A repetición é a nai da aprendizaxe "






               



 

martes, 19 de septiembre de 2017

Marcha Radetzky ( Johann Strauss)



Con esta Marcha de Radezsky ( Johann Strauss) imos descubrir e coñecer infidade de cousiñas que de seguro nunca pensaríamos que están presentes nunha obra musical.

Moita ATENCIÓN, CONCENTRACIÓN, MEMORIA, RITMO e ollo coa FORMA, que será , que será iso da forma?

Que sabemos de Johann Strauss ? Investiga e cóntanolo na aula. Seguro que xuntos coñecemos nova información.


                                    Ide argallando, vémonos na aula.


As notas / A escala musical

Coñecemos as notas musicais? 

Imos aprendelas ou repasalas con esta canción. Para escoitala tendes que pinchar encima da imaxe e logo na parte superior dereita do libro para pasar páxina e poder escoitar   A CANTAR!

http://miprofedemusica.wix.com/cancionesdonlumusicales

Benvidos o curso 2017/2018