miércoles, 25 de enero de 2017

O RITMO II

Logo de familiarizarnos co RITMO I( ta e shh) pasamos o seguinte nivel.

Primeiro ESCOITAMOS, logo ASOCIAMOS e como non o mellor para o final INTERIORIZAMOS.

                                      E... como se fai iso ? .....


Pois interiorizo cada vez que cada un de vos colle o intrumento e TOCA. 


                 VEÑA, VEÑAAA........  A TOCAR!!!


lunes, 23 de enero de 2017

SE BUSCAN VALIENTES ....¿nos ayudas a buscar valientes?




Comparto esta fermosa canción...

" SE BUSCAN VALIENTES - 12 MESES CONTRA EL ACOSO ESCOLAR"  con el LANGUI.

co fin de AXUDAR A DETER O ACOSO ESCOLAR.

A letra da canción fala por si sola.


                            REFLEXIONEMOS, CANTEMOS E COOPEREMOS !!


 



Moito cantamos



O pasado venres os alumnos de AE estivemos Cantando, bailando e acompañando estas estupendas cancións deste grupo "UXIA LAMBONA E A VACA MOLONA". Adxunto as cancións por si tamén as queredes cantar coas vosas familias.

                                              A CANTAR!




martes, 17 de enero de 2017

Chegou o inverno - VIVALDI



Pois unha nova estación comeza coa volta o cole, O INVERNO, dende música traballaremos as melodías do inverno do compositor VIVALDI, sabedes quen é? Aqui vos deixo un conto musicado da estación na que estamos.




viernes, 13 de enero de 2017

IMPROVISANDO QUE NON É POUCO


A pasada clase os alumnos de 5º e 6º estivemos rapeando un poema da poeta GLORIA FUERTES- Los doce meses-. Para moitos isto de rapear colleunos de sorpresa pero outros xa son uns verdadeiros expertos.


Foi mais doado do que pensabades non?, simplemente tiñamos que seleccionar unha base musical e logo, A RAPEAR,,. cada un co seu estilo propio. Adxuntovos de seguido a base sobre a que traballamos.



Non esquezades COMPOÑER  o voso propio poema dos meses do ano( so ten que rimar) VEMOLO O PRÓXIMO DÍA NA CLASE, escribideo.

Adxuntovos a letra para  tarefa pendente.

A PRACTICAR





domingo, 8 de enero de 2017

O RITMO

Imos repasar esta semana o valor da negra e o seu silencio primeiro con palmas e logo con instrumentos de pequena percusión.
Para iso temos que escoitar atentamente e reproducir os ritmos que soen. 

Facede CLICK na imaxe para ir practicando...



LOVE IS THE ONLY WAY

Xa que estamos traballando a PAZ, aquí vos deixo esta estupenda canción de MACACO, para que a disfrutedes.
Porque o amor é o único camiño para a PAZ.







APERTAS QUE VOAN

Esta canción será a que imos aprender para o día da PAZ que é o
30 de XANEIRO.

Deixovos a letra e tamén un vídeo coa canción de PACO NOGUEIRAS. A ver se vos gusta.

Na clase aprenderemos xestos para acompañala.