miércoles, 20 de diciembre de 2017

Samba de redona


Seguimos avanzando coa flauta. Nesta nova canción " Samba de redonda " imos poñer en práctica novos sons. Lembra practicar por separado antes de tocar a canción.

                                                        Moito ánimo !






martes, 5 de diciembre de 2017

A nosa panxoliña !


Este ano entre todos cantaremos a panxoliña Beatle  " O -bla- di , o - bla- dá, que ledicia ! "

                                                                                                                                                                    

jueves, 26 de octubre de 2017

Xogo de vasos " A FAMILIA ADAMS"


Escoitaches algunha vez esta pegadiza sintonía composta por Vic Mizzy?. Ademais de poder cantala nesta ocasión imos empregala para facer un sinxelo xogo de vasos, en 5º de primaria, a través do cal introduciremos a forma musical e o tresillo mediante a práctica.
Preme na imaxe e enlazarás coa canción, co vídeo tutorial e a partitura.






miércoles, 25 de octubre de 2017

O samaín


Achégase unha nova festividade no cole, o vindeiro martes 31 de outubro, festexaremos " O Samaín e o Magosto ". A música vainos acompañar en todo momento.
Preme na imaxe e enlazarás con diferentes canción relacionadas coa temática.

A disfrutar do día !



miércoles, 18 de octubre de 2017

This is halloween !


Seguimos avanzando no mundo da flauta e no mundo do rítmo. Que nos deparará esta nova canción?







martes, 10 de octubre de 2017

O outono

Chega unha nova estación e con ela moitos cambios, verdade? 

 
http://vinculando.org/articulos/antonio_vivaldi_explicacion_a_las_cuatro_estaciones.html Cuento musicado
E dende música tamén coñeceremos mais a fondo esta nova estación , da man do gran compositor Antonio Vivaldi.
https://www.youtube.com/watch?v=qT86FyYWIzM

martes, 3 de octubre de 2017

Doña Cotifina


Os alumnos/as de terceiro imos ter a primeira toma de contacto coa flauta.

Antes de comezar deben ter en conta:



Preme na imaxe e accederás a canción, non esquezas darlle a play.

http://www.aprendomusica.com/swf/donaCotifina.html

martes, 26 de septiembre de 2017

Folk Song



Iniciamos o novo curso con unha nova canción de flauta, na que repasaremos as notas si, la e sol

que xa tocachedes en terceiro.

Na seguinte imaxe podedes lembrar a dixitación de cada nota e si premes encima dela recordar o son.


A continuación, fai clic enriba da imaxe e enlazarás co acompañamento e a partitura interactiva.

E para os que superáchedes con creces esta toma de contacto coa frauta. Tedes un novo reto.





Ritmos musicais


Os nenos/as de 3º, repasamos os ritmos. Para iso propoño as seguinte actividade, lembrade seguir as seguintes pautas:

1º) Preme na imaxe e chegarás a actividade.

2º) Escoita dúas veces cada esquema rítmico.

3º) Escolle as figuras rítmicas que consideres e arrastras o lugar indicado.

  Debes superar cada proba ata chegar o final. 





miércoles, 20 de septiembre de 2017

FUTURAMA ( Si, la, sol, do´ )

Futurama 

Temos nova canción e nota de repaso que xa tocabades o ano pasado, Do agudo ( Do´).
Pinchade encima da imaxe para lembrar as posicións.


Facer clic na imaxe e xa podedes ver a partitura dixital e o seu respectivo acompañamento.


        A disfrutar da música ! 

Xogo de mans


Con esta actividade experimentaremos a sensación que nos produce acompañar unha canción tan coñecida con percusións.

 Que importante é facer cada percusión no seu tempo!

Pinchade na imaxe e enlazaredes co vídeo e coa música. Lembra os pasos que vimos na aula e a estrutura.

          " A repetición é a nai da aprendizaxe "






               



 

martes, 19 de septiembre de 2017

Marcha Radetzky ( Johann Strauss)



Con esta Marcha de Radezsky ( Johann Strauss) imos descubrir e coñecer infidade de cousiñas que de seguro nunca pensaríamos que están presentes nunha obra musical.

Moita ATENCIÓN, CONCENTRACIÓN, MEMORIA, RITMO e ollo coa FORMA, que será , que será iso da forma?

Que sabemos de Johann Strauss ? Investiga e cóntanolo na aula. Seguro que xuntos coñecemos nova información.


                                    Ide argallando, vémonos na aula.


As notas / A escala musical

Coñecemos as notas musicais? 

Imos aprendelas ou repasalas con esta canción. Para escoitala tendes que pinchar encima da imaxe e logo na parte superior dereita do libro para pasar páxina e poder escoitar   A CANTAR!

http://miprofedemusica.wix.com/cancionesdonlumusicales

Benvidos o curso 2017/2018





lunes, 5 de junio de 2017

Imos dar a despedida

E que mellor  xeito de facelo que con unha canción divertida.

Bailar, cantar e bailar todo pode funcionar pois xa vai sendo hora de comezar.

http://mariajesusmusica.wixsite.com/jugar

jueves, 11 de mayo de 2017

Dime que fixeches- Migallas


Así se fai chamar esta fermosa canción de Migallas. A través dela traballaremos infinidade de cousas. A ver que tal se vos dá.






jueves, 4 de mayo de 2017

Día das letras galegas 2017


O vindeiro 17 de maio, na nosa comunidade conmemoramos o día das letras galegas que este ano se lle adica a Carlos Casares.

Que sabes del?    Coñeces algún poema?

Pois imos coñecer un pouco mais deste gran escritor.

 

A agora a ritmo de Rap, cantaremos este fermoso poema "Amemos" 



lunes, 3 de abril de 2017

Unha viaxe a Dinamarca



Chegou o momento de viaxar musicalmente, e que .... que poderes nos da a música que con un solo click e música nos trasporta no tempo e a lugares novos para cada un de vos. Pois desta volta viaxamos a DINAMARCA.

Logo de ubicalo xa imos comezar coa escoita da música ( importantísimo, ter clara a estructura, vemolo na clase con un musicograma ) e logo imos coa danza.


A duración (sons longos e curtos)



Coa nova estación escoitamos mais sons de animais no patio, uns son longos  e outros curtos.

Imos ver como debuxar estos sons en compañía do noso duende favorito.

Prestade atención !




Agora imos ver e escoitar como os grandes compositores emprengan os son longos e curtos nas súas obras, vexamos este musicograma "El Danubio Azul " de J. Strauss.










viernes, 31 de marzo de 2017

Cantares da primavera


E coa nova estación, chega o momento de cantar e coñecer novas cancións.

Cantamos ós productos da horta que hai que empezar a cultivar para que den o seu froito e os animais que van despertando do inverno, pois durmiron moito, estiveron invernando.

Deixovos nas mans de: Maria Fumaça e As Maimiñas.



                                   





A cantar, a bailar e sobre todo a disfrutar !!!


miércoles, 29 de marzo de 2017

Chegou a Primavera !!!


Fai uns días que comezamos unha nova estación, a Primavera. E da man desta nova estación ven o tan coñecido compositor Antonio Vivaldi.


Logo de informarnos sobre o compositor, chega o momento de escoitar( realizar unha AUDICIÓN) como soa esta fermosa estación.  Para poder reproducir a música, adxunto un enlace cos 
audios ( allegro, lento e moi lento) para que vexades o que cambia a música segundo o TEMPO.
Deixaremos o que mais nos gusta para o final !!











viernes, 17 de marzo de 2017

As distancias na música


Para medir as distancias entre as notas músicais empregamos os:

  • Tonos (T)
  • Semitonos (ST)

Pinchade na imaxe para practicar.

http://roble.pntic.mec.es/egac0040/musicasaz_la_web/alterac_semit/semitonos1.htm 




miércoles, 1 de marzo de 2017

Rat- penat (Frauta)


Despois de tanto tempo, para aqueles que lles gusta tocar tanto a frauta, engadimos unha nova nota Re´ .
Lembrade repasar as posicións das anteriores por si alguén se esqueceu.



                             







A ritmo de MARCHA ( un, dous, un ...) !


                             Imos aló !!!! como se adoita dicir,    Mans á obra!!!

Con esta Marcha de Radezsky imos descubrir e coñecer infidade de cousiñas que de seguro nunca pensaríamos que están presentes nunha obra musical.

Moita ATENCIÓN, moita CONCENTRACIÓN, Moita MEMORIA, Moito RITMO e ollo coa FORMA, que será , que será iso da forma.

                                    Ide argallando, vémonos na aula.





domingo, 26 de febrero de 2017

A muller e a música !!


    TEN POUCA DIFERENÇA !


O vindeiro mércores, 8 de marzo, dende a aula de música conmemoraremos 

                          " O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA"

e que mellor xeito de facelo que cantando e acompañando con instrumentos esta fermosa

canción de MARÍA FUMAÇA

Lembrade que ... coñeceremos un pouco mais o idioma dos nosos veciños de PORTUGAL,

o portugués.  
                                                                                                         
Imagen relacionada





jueves, 16 de febrero de 2017

El twist del cuerpo


Os nenos e nenas de educación infantil recordaron con esta alegría as partes do corpo.

 A bailar!!!( Pincha encima de la imagen)




miércoles, 8 de febrero de 2017

Cancións con encanto



Ritmo, dramatización e voz ....  QUE CANCIÓN TAN BONITA!!!





Que soe a música



Ó longo do trimestre iremos escoitando e acompañando algunhas cancións .....

Logo de clicar no vídeo, no pé de páxina do mesmo poderedes visualizar o nome da canción e a súa duración .



B.S.O - Piratas del Caribe-


Despois de tantos días sen publicar, algo andabamos a argallar....

Nas vindeiras clases o noso centro de interese serán as bandas sonoras (B.S.O)

Iniciaremos esta actividade cunha AUDICIÓN , cun apoio visual do MUSICOGRAMA.

Para poder escoitar, seguir o musicograma e tocar so debes clicar na imaxe e seleccionar o play do cadro azul.

Non esquezades que para a vindeira clase cada un debe suxerir unha B.S.O ( non esquezades que o entroido está as portas, lembrade o disfraz, pensa...... que banda sonora propós ti? ) A pensar....

                                                           A DISFRUTAR DA MÚSICA!



miércoles, 25 de enero de 2017

O RITMO II

Logo de familiarizarnos co RITMO I( ta e shh) pasamos o seguinte nivel.

Primeiro ESCOITAMOS, logo ASOCIAMOS e como non o mellor para o final INTERIORIZAMOS.

                                      E... como se fai iso ? .....


Pois interiorizo cada vez que cada un de vos colle o intrumento e TOCA. 


                 VEÑA, VEÑAAA........  A TOCAR!!!


lunes, 23 de enero de 2017

SE BUSCAN VALIENTES ....¿nos ayudas a buscar valientes?




Comparto esta fermosa canción...

" SE BUSCAN VALIENTES - 12 MESES CONTRA EL ACOSO ESCOLAR"  con el LANGUI.

co fin de AXUDAR A DETER O ACOSO ESCOLAR.

A letra da canción fala por si sola.


                            REFLEXIONEMOS, CANTEMOS E COOPEREMOS !!


 



Moito cantamos



O pasado venres os alumnos de AE estivemos Cantando, bailando e acompañando estas estupendas cancións deste grupo "UXIA LAMBONA E A VACA MOLONA". Adxunto as cancións por si tamén as queredes cantar coas vosas familias.

                                              A CANTAR!




martes, 17 de enero de 2017

Chegou o inverno - VIVALDI



Pois unha nova estación comeza coa volta o cole, O INVERNO, dende música traballaremos as melodías do inverno do compositor VIVALDI, sabedes quen é? Aqui vos deixo un conto musicado da estación na que estamos.




viernes, 13 de enero de 2017

IMPROVISANDO QUE NON É POUCO


A pasada clase os alumnos de 5º e 6º estivemos rapeando un poema da poeta GLORIA FUERTES- Los doce meses-. Para moitos isto de rapear colleunos de sorpresa pero outros xa son uns verdadeiros expertos.


Foi mais doado do que pensabades non?, simplemente tiñamos que seleccionar unha base musical e logo, A RAPEAR,,. cada un co seu estilo propio. Adxuntovos de seguido a base sobre a que traballamos.



Non esquezades COMPOÑER  o voso propio poema dos meses do ano( so ten que rimar) VEMOLO O PRÓXIMO DÍA NA CLASE, escribideo.

Adxuntovos a letra para  tarefa pendente.

A PRACTICAR





domingo, 8 de enero de 2017

O RITMO

Imos repasar esta semana o valor da negra e o seu silencio primeiro con palmas e logo con instrumentos de pequena percusión.
Para iso temos que escoitar atentamente e reproducir os ritmos que soen. 

Facede CLICK na imaxe para ir practicando...



LOVE IS THE ONLY WAY

Xa que estamos traballando a PAZ, aquí vos deixo esta estupenda canción de MACACO, para que a disfrutedes.
Porque o amor é o único camiño para a PAZ.







APERTAS QUE VOAN

Esta canción será a que imos aprender para o día da PAZ que é o
30 de XANEIRO.

Deixovos a letra e tamén un vídeo coa canción de PACO NOGUEIRAS. A ver se vos gusta.

Na clase aprenderemos xestos para acompañala.