miércoles, 26 de octubre de 2016

Si, la sol, do´

Futurama 

Chicos e chicas de quinto, seguimos avanzando na flauta , temos nova canción e nova nota de repaso que xa tocabades o ano pasado, Do agudo ( Do´).Pinchade encima da imaxe para lembrar as posicións.


Ainda que na imaxe non se ve moi ben, pinchade encima da imaxe e xa podedes ver a partitura dixital e o seu respectivo acompañamento, dándolle a play, Debaixo da partitura aparecen diferentes motivos melódicos (pequenos fragmentos que aparecen na canción). Non estariamal tocalos por separado.





                            A disfrutar da música 


domingo, 23 de octubre de 2016

Repeat, please


 Os alumnos de sexto arrancan cunha nova canción e con novo ritmo movido,
  lembrádevos das sílabas rítmicas ( ti tiki tiki ti titi ta ...)

  Aquí vos queda a partitura e o audio. Lembrade que tamén podedes cantar.





Si, la, sol



        Logo de practicar coas notas si e la, damos paso a nota sol .



Imos tocar esta sencilla canción



           Pulsade encima da imaxe, pincha en acompañamento e xa poderás escoitala.
           

           A tocar !!!



domingo, 16 de octubre de 2016

Retomamos os venres cantores!

A Cantar !

Como ben facíades ata fai ben pouco imos retomar os cantos no 
último venres de cada mes. (Este mes o día 28) 


A vosa mascota do cole,Igrexiño,así no lo pedíu xa que vos estrañaba moito.

Este ano cantaremos cancións relacionadas co proxecto do cole 

" Chapela sabe a mar", cantares relacionados co mar.



Arrancamos así co primeiro cantar: CATRO VELLOS MARIÑEIROS.

Adxúntovos letra, música e a partitura por si algún se atreve.

                   












domingo, 9 de octubre de 2016

A canción da percusión



Nas vindeiras clases aprenderemos a canción da percusión do libro/cd ¨Pitusa Semifusa¨ de Olga Brañas.


Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos.

Aquí vos deixo a letra e tamén o audio. 






viernes, 7 de octubre de 2016

Tocan os maiores


Os alumnos de 6º estos días tamén están desenfundando os instrumentos. 

    Comezan a soar polos pasillos do cole pequenas frases musicais desta fermosa canción.

  

      Adxúntovos o audio. 


martes, 4 de octubre de 2016

Diálogo entre frautas e xilófonos


 Fagamos música!
       Os nenos e nenas de 5º de primaria xa estamos mans a obra con esta fermosa melodía.

     Pouco a poco vai soando, non vos esquezades de que nesta canción conversan dous instrumentos,  por iso é fundamental ESCOITARSE (pregunto e respondo).

Asi que a practicar..... que soe a música


     Adxuntovos o seguinte enlace para a escoita da melodía das flautas.  (....)

sábado, 1 de octubre de 2016

Un novo curso


Benvidos !

Iniciamos un novo curso con moitas ganas e ilusión por afrontar novos retos e coñecementos.

Neste blog compartiremos todo o que vaiamos vendo na aula de música (cancións, xogos, danzas...) e nas restantes asignaturas que me toca impartir.


A disfrutar do curso, da música e da presencia de cada un dos nosos compañeiros/as xa que sin eles ningunha actividade sería posible.