martes, 6 de diciembre de 2016

VOLVER A CASA POR NADAL

Esta será a panxoliña para 3º e 4º . Espero que vos guste.



Adxunto o enlace en lingua de signos.


Jingle Bells

A BAILAR
Despois de cantar panxoliñas, tamén convén mover un pouco o esqueleto. Verémolo na aula pero deixovolo aquí adxuntado para que o vaiades ollando.


Para bailalo so fai falta TER GANAS e moita PRÁCTICA( repetir unha e outra vez, mellorando un pouquichiño de cada volta). Sen traballo nada se consigue.
Poden bailalo todos aqueles e aquelas que queiran: pequenos, medianos e maiores,así que, A BAILAR!


LEMBRADE:

  1. escoitar a música é fundamental
  2. recoñecer a FORMA (A, B...)




miércoles, 30 de noviembre de 2016

El árbol de Navidad

Chega para todos os nenos/as o NADAL ó cole e os máis peques van a deleitarnos con panxoliña e con baile. Que traballadores son!


Chega o nadal !

Chega o nadal e con el os seus típicos cánticos, as PANXOLIÑAS. Por eso os nenos de 1º e 2º imos cantar e dramatizar " Xa me tardan estes Magos" do libro de Mamá Cabra.

Adxuntovos a música neste vídeo. 

                                                                      
                                                        A practicar !

domingo, 27 de noviembre de 2016

7 Notas Musicais

Sabemos as notas musicais? 

Imos aprendelas ou repasalas con esta canción. Para escoitala tendes que pinchar encima da imaxe e logo na parte superior dereita do libro para pasar páxina e poder escoitar e A CANTAR!





domingo, 20 de noviembre de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS !

Conmemoremos este día cantando e aplicando cada día O QUE NOS DI A CANCIÓN

" Si todos queremos el mundo cambiar ... hay derechos que debes saber..."


  Todos temos dereitos e deberes ó longo das etapas polas que pasamos ( infancia, adolescencia, idade adulta e ancianidade) non o esquezades.



            Feliz día meus nen@s !


jueves, 17 de noviembre de 2016

Canción do Outono

Os nenos/as de 4º EP hoxe seguiron avanzando no coñecemento de notas musicais na flauta.

Deron paso a nota Do ´ e con ela puideron tocar esta canción ( pincha encima da imaxe para acceder a canción con acompañamento).

Por s i alguén precisa consultar algunha nota na frauta adxunto enlace (pincha na imaxe)






                                                                 A seguir así de traballadores !

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Venres Cantores (Novembro)

A Cantar!

O Venres Cantor deste mes de novembro será o venres, día 25.

Como ben sabedes, tal e como nos lembrou Igrexiño todas as cancións gardarán relación co proxecto do cole


Chapela sabe a mar"


Este mes dámoslle paso : Ondiñas veñen .

Adxúntovos letra, música e a partitura con acompañamento por si algún se atreve.


A disfrutar dela !






lunes, 7 de noviembre de 2016

AUDICIÓN / MUSICOGRAMA


Os nen@s do cole traballamos con expresióncorporal e instrumentos musicais unha obra moi fermosa que leva por título "O reloxo sincopado"cuxo compositor chámase Leroy Anderson


Para un mellor seguimento da audición apoiarémonos dun recurso maravilloso,  O MUSICOGRAMA ( un debuxo da música).

Cada melodía identificarémola cunha letra do abecedario ( tema A, tema B...).


Lembrar que para realizar unha boa escoita é preciso:

  1. Estar en silencio.
  2. Escoitar.
Para os mais peques empregaremos os seguintes musicogramas:
  • Infantil/ 1º EP

  


  • 2ºEP /3º EP


  • E para os mais maiores algo mais que o musicograma: podemos tocar a melodía coa frauta, xilófono ou carrillón. Pero ollo coa nova ARMADURA . Pincha encima da seguinte imaxe para acceder a partirura.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

O Magosto

 De festividade en festividade, despois do SAMAÍN como cada ano toca festexar

O MAGOSTO.

Dende o cole para conmemorar esta festividade traballaremos co Rap do Magosto, do libro Brinca Vai, de Paco Nogueiras para os mais maiores.


Os pequenos de primaria cantarán Chegou o Magosto, de Jesús Parejo 



Mentres que os de infantil e 1º de primaria Vivan, Vivan las castañas ( popular)
 
Espero que vos gusten.

A CANTAR


miércoles, 26 de octubre de 2016

Si, la sol, do´

Futurama 

Chicos e chicas de quinto, seguimos avanzando na flauta , temos nova canción e nova nota de repaso que xa tocabades o ano pasado, Do agudo ( Do´).Pinchade encima da imaxe para lembrar as posicións.


Ainda que na imaxe non se ve moi ben, pinchade encima da imaxe e xa podedes ver a partitura dixital e o seu respectivo acompañamento, dándolle a play, Debaixo da partitura aparecen diferentes motivos melódicos (pequenos fragmentos que aparecen na canción). Non estariamal tocalos por separado.





                            A disfrutar da música 


domingo, 23 de octubre de 2016

Repeat, please


 Os alumnos de sexto arrancan cunha nova canción e con novo ritmo movido,
  lembrádevos das sílabas rítmicas ( ti tiki tiki ti titi ta ...)

  Aquí vos queda a partitura e o audio. Lembrade que tamén podedes cantar.





Si, la, sol



        Logo de practicar coas notas si e la, damos paso a nota sol .



Imos tocar esta sencilla canción



           Pulsade encima da imaxe, pincha en acompañamento e xa poderás escoitala.
           

           A tocar !!!



domingo, 16 de octubre de 2016

Retomamos os venres cantores!

A Cantar !

Como ben facíades ata fai ben pouco imos retomar os cantos no 
último venres de cada mes. (Este mes o día 28) 


A vosa mascota do cole,Igrexiño,así no lo pedíu xa que vos estrañaba moito.

Este ano cantaremos cancións relacionadas co proxecto do cole 

" Chapela sabe a mar", cantares relacionados co mar.



Arrancamos así co primeiro cantar: CATRO VELLOS MARIÑEIROS.

Adxúntovos letra, música e a partitura por si algún se atreve.

                   












domingo, 9 de octubre de 2016

A canción da percusión



Nas vindeiras clases aprenderemos a canción da percusión do libro/cd ¨Pitusa Semifusa¨ de Olga Brañas.


Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos.

Aquí vos deixo a letra e tamén o audio. 






viernes, 7 de octubre de 2016

Tocan os maiores


Os alumnos de 6º estos días tamén están desenfundando os instrumentos. 

    Comezan a soar polos pasillos do cole pequenas frases musicais desta fermosa canción.

  

      Adxúntovos o audio. 


martes, 4 de octubre de 2016

Diálogo entre frautas e xilófonos


 Fagamos música!
       Os nenos e nenas de 5º de primaria xa estamos mans a obra con esta fermosa melodía.

     Pouco a poco vai soando, non vos esquezades de que nesta canción conversan dous instrumentos,  por iso é fundamental ESCOITARSE (pregunto e respondo).

Asi que a practicar..... que soe a música


     Adxuntovos o seguinte enlace para a escoita da melodía das flautas.  (....)

sábado, 1 de octubre de 2016

Un novo curso


Benvidos !

Iniciamos un novo curso con moitas ganas e ilusión por afrontar novos retos e coñecementos.

Neste blog compartiremos todo o que vaiamos vendo na aula de música (cancións, xogos, danzas...) e nas restantes asignaturas que me toca impartir.


A disfrutar do curso, da música e da presencia de cada un dos nosos compañeiros/as xa que sin eles ningunha actividade sería posible.

lunes, 18 de abril de 2016

Los chicos del coro

Estos días imos traballar con esta canción tan fermosa da famosa película " Los chicos del coro",
adxuntovos a partitura para que tamén poidades practicala coa frauta.

E para que tamén poidades practicala cantando



Espero que vos guste. a practicar.

miércoles, 6 de abril de 2016

Si ma ma ka



Imos aprender esta canción que se chama Si ma ma ka. 

É orixinaria de Ghana, un país que está no continente africano. 

Adxunto a letra e vídeo para que vos animedes.

martes, 5 de abril de 2016

Os picapedra



Os alumnos e alumnas de 5º e 6º imos aprender a banda sonorados Picapedra.

Primeiro coa frauta, e se sae ben engadirémoslle acompañamento cos instrumentos de placas. 

Pinchade enriba da primeira imaxe para ver e escoitar a partitura.  


O acompañamento con placas sería este:


da primeira imaxe para ver e escoitar a partitura. 

viernes, 4 de marzo de 2016

Nota si b ( Bajo el mismo sol)

Comezaremos cunha:
  • nova nota na frauta: SI BEMOL ( Si b) e 
  • tamén counha nova canción para 5º e 6º. 




 Deixovos  a letra da canción:



e a partitura interactiva :






viernes, 26 de febrero de 2016

TEMOS UNHA SAÍDA ...

                                                                 SAÍDA MUSICAL

Os vindeiros días, mércores 2 e xoves 3 de marzo, os alumnos do colexio iremos a representación teatral de GUILLERMO TELL da man da Compañía de Comediantes LA Baldufa.

Todos eles representarán a coñecida ópera de Rossini. En dita representación colaborarán: escenógrafos, músicos, técnicos de iluminación, actores e actrices, coreógrafos...

Ao longo da representación irán aparecendo numerosos persoaxes que nos contarán..... todo o que vai acontecer encima do escenario eso si, acompañados de música.
 
A continuación, si pinchamos no seguinte enlace poderemos disfrutar de novo da lectura do conto e tamén da escoita da música.

Cuento Guillermo Tell 



Para os que desexen saber mais cousiñas a cerca das óperas deixolles os seguintes enlaces, espero que sexan de interese. De seguro que coñeciades moitas mais óperas das que vos pensabades.
¿Como se crea una ópera?
Vive la ópera
Otras óperas como cuentos

 Para os mais maiores que xa tocan bastantes cancións deixovos pequenos fragmentos de música:

 Melodía dun dos coros do pobo (Eduvigis/Jemmy/Actor)



Bo finde semana





jueves, 25 de febrero de 2016

Xornada de convivencia


Con este vídeo resumimos a visita dos nosos compañeiros de Lousada. Espero que vos guste.

                                           
                                              Gracias a profe Cris por este vídeo tan chulo.

martes, 23 de febrero de 2016

Que soen esas frautas

  Polka

Hoxe os nenos/as de terceiro de primaria aprendemos unha nova nota na flauta, a nota Re ´.

 e coa nova nota puidemos tocar esta fermosa canción, ánimo e a darlle velocidade:


Adeus ríos, adeus fontes!

ROSALÍA DE CASTRO!



            O 24 de Febreiro festéxase o día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.

Foi unha poeta e novelista en lingua galega e castelán que naceu en Santiago de Compostela no 1837. 



Rosalía era romántica, sensible, e loitadora. Encantáballe a súa Galicia, coa súa fermosura, que defendía con bonitas palabras.


 
A disfrutala,  a tocar e cantar!
O DÍA DE ROSALÍA E A MÚSICA!

Mañá, mércores 24 de Febreiro festéxase o día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.


Rosalía foi poeta e novelista da lingua galega e castelán e naceu en Santiago de Compostela no 1837. 
  
Encantáballe a súa Galicia, coa súa fermosura, que defendía con bonitas palabras. 
 
Para recordala, dende música déixovos unha bonita canción, Rosalía Pequeniña cantada por Uxía no libro/cd ¨ Rosalía Pequeniña ¨.


lunes, 22 de febrero de 2016

A canción da percusión

A CANCIÓN DA PERCUSIÓN 


Nas vindeiras clases aprenderemos a canción da percusión do libro/cd ¨Pitusa Semifusa¨ de Olga Brañas.


Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos.

Aquí vos deixo a letra e tamén o audio. 






viernes, 12 de febrero de 2016

O mal tempo boa cara. A cantar, non se fale máis.



GALICIA, cada día máis linda...

Seguiremonos achegando á nosa cultura por medio deste clásico que mais dunha vez temos cantado.
 
Adxuntos unha versión con karaoke para ir practicando.


                                           Boa finde, a pasalo ben e que non falte a música.

jueves, 11 de febrero de 2016

Benvidos a Galicia


A Saia da Carolina ( Fuxan os ventos, 1978. Disco Sementeira)


O vindeiro martes,16 de febreiro, contaremos coa visita dos nosos compañeiros do colexio de Portugal, que este ano veñen vernos.

Como non, imos darlle a benvida cunha canción popular da nosa terra. 

Para elo contaremos coas voces de todos os alumnos do cole e co acompañamento de todos aqueles que queiran tocar coa frauta, gaita ou calquer outro instrumento co que queiran deleitarnos

Deixovos letra e partitura..... A PRACTICAR 

Desta canción tradicional, non se coñece nin compositor nin procedencia algunha por eso, xorden mil e unha variantes de música e de letras. Deixovos o enlace de funxan os ventos, grupo que a deu a coñecer.



A DISFRUTALA, 

Veña que martes teñen que retornar a Portugal cantando "A saia da Carolina".



miércoles, 3 de febrero de 2016

 Escatumbararibé- ritmos con vasos


En 4º, 5º e 6º imos traballar a percusión con vasos a través dunha canción brasileira chamada " Escatumbararibé".

De seguido adxunto unha serie de vídeos para que poidades ir practicando o que vemos na aula.






 





Tamén vos deixo unha sílabas coa imaxe para ir paso a paso e a partitura para que unha vez que saia o ritmo poidamos tocala ou cantala. 








lunes, 18 de enero de 2016

O día da Paz


APERTAS QUE VOAN

O vindeiro 30 de Xaneiro, celébrase o día da paz aínda que no cole celebrarémolo o venres 29.
Déixovos a letra:





















E tamén un vídeo coa canción.





BENVIDOS A ESTE BLOG

        
       Benvidos a este novo blog


                         









                      













 

Dende este blog estaremos sempre en contacto, dende a casa, bibloteca ou calquer lugar onde nos atopemos cada un de nós.

             3, 2, 1 ....COMEZAMOS!